PROXECTO DE BANCO DE LIBROS NO IES DE CAHEIRAS

A Anpa do IES de Cacheiras quere implantar un banco de libros no centro do que podérmonos beneficiar doando os libros que non vaiamos necesitar e recibindo a cambio outros usados.

Por que un banco de libros usados?

As principais vantaxes do banco de libros son a redución dos gastos de escolarización e a reutilización do material en bo estado. Ademais do aforro que supón, fomenta a importancia da reutilización como valor social (no sentido de que o que non me vale a min pode servirlles aos demais) e o coidado do material de traballo.

Quen pode doar libros e que libros  se poden doar?

Poderanse doar os libros de texto e de lectura da listaxe que nos foi proporcionada pola dirección do centro e que vos adxuntamos no sobre. Tamén a podedes consultar na bitácora da Anpa (https://anpaiescacheiras.wordpress.com). Se nos confirman que se pode reutilizar algún libro máis informarémosvos a través dunha mensaxe no correo electrónico e na bitácora.

Poden participar no proxecto as nais e pais que sexan socios da Anpa.

(Podédesvos asociar ingresando 15 euros anuais por familia no n.º de conta 2080-0719-07-3040000305 de Novagalicia Banco -Caixa Galicia-, facendo constar os nomes do socio/a e do alumno/a).

 Criterios de baremación

En función do estado de conservación dos libros establecerase un baremo con estes criterios:

-Libros en estado óptimo: os que están sen marcas.

-Libros en bo estado: os que teñen marcas que se poden borrar.

-Libros en estado aceptable: os que teñen subliñados ou marcas indelebles.

-Libros en mal estado: os rotos ou moi deteriorados (non serán aceptados).

Quen pode recibir libros do banco?

Poden recibir libros as nais e pais que sexan socios da Anpa.

Segundo o estado dos libros doados clasificaranse para beneficiar as familias que entreguen máis libros e en mellor estado. Así, premiarase o coidado do material á hora de recibir libros do banco entregando o maior número de libros posibles a cada familia.

Dependendo das existencias pode que non coincida o número de libros doados cos recibidos. Pensade que este é un proxecto a longo prazo e que algúns anos podemos saír máis beneficiados ca outros.

Entrega e recollida de libros

Cando teñamos as vosas respostas indicarémosvos os días e horas de entrega e reparto de libros, que se fará no instituto ao remate do curso. Pedímosvos a vosa axuda para axilizar a clasificación e o reparto dos libros doados.

Agardamos que a iniciativa funcione e agradecemos as vosas ideas e a vosa  colaboración para mellorar o funcionamento do banco (podedes contactar connosco no seguinte enderezo: anpaiescacheiras@gmail.com).

Fai chic aquí para acceder á folla de adhesión:

Folla de adhesión ao banco de libros do IES de Cacheiras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s