ANPA DO IES DE CACHEIRAS

Comezou un novo curso escolar con moitas novidades no instituto dos nosos fillos e fillas. Unha delas é que  coa chegada da nova directiva se activa a páxina web. Nós non queremos quedarnos á marxe e estreamos este blog coa finalidade de que  sexa unha ferramenta de comunicación entre os pais e nais e entre todos os sectores da comunidade educativa.

IMOS PRESENTARNOS:
ANPA  é unha entidade sen ánimo de lucro formada por país, nais ou  titores/as de alumnos/as escolarizados/as no IES de Cacheiras, que reinvindica a importancia  que, para o  futuro da sociedade, ten unha educación pública de calidade.
A nosa misión é a de traballar ,  na medida das nosas posiblidades,  para que  esa educación de calidade que reivindicamos se materialice no noso centro educativo  achegando o noso apoio e esforzo e estando presentes no consello escolar do IES.

 RAZÓNS PARA PERTENCER E TRABALLAR NA ANPA

 1.-Porque é a nosa responsabilidade educar aos  nosos fillos e fillas.
2.-Pola necesidade de estar unidos á hora de reinvindicar aspectos
que nos  axuden a mellorar a escola pública.
3.- Porque un movemento de país e nais agrupados fai que as  iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto polas administraións  públicas, polo  profesorado, pola sociedade.
4.- Porque se os pais e nais non somos capaces de motivarnos pola educacióndos nosos fillos/as  ¿por quen o faremos?.
5.- Porque se os pais e nais non somos activos/as e participativos/as, como explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.
6.-Porque  todos/as somos necesarios/as para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.
7.- Porque participar é un direito pero tamén é un deber social.

COMO FACERSE SOCIO/A DA ANPA
Invitámosvos a asociarse á  ANPA IES Cacheiras,achegando 15 €
anuais por familia ao  seguinte número de conta: Caixa Galicia  2091-0719-77-3040000305*

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s